segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

Que cona miras?

Imaxe: Aliada. Pintada orixinal: algún londinense. Debuxo: Aliada.


Hai un par de semanas levei outra decepción coa sociedade:
Estabamos as amigas de festa e rematamos nun pub ao que non adoitamos ir. O caso é que entre exaltacións da amizade e demáis xestos que soemos ter entre nós porque somos xente ben magha e nos queremos ben, xurdiron imaxes lindas coma esta. Para a nosa sorpresa os hooligans que había no local comezaron a aplaudir e berrar igual ca se fosen monos. Foi coma se premeramos o berro do celo e saltaran todos coma tolos...

Coa prea que levábamos non había lugar para a carraxe. Porén, hoxe pintei unha parede de Londres -onde, por outra banda, quizábeis non recibiríamos tales humillacións- cabreada cunha sociedade que abanza a paso Michael Jackson.

quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Dardos chineses e crimes e mulleres desmaiadas

Gústalles o country?


Hai unha explicación.

Uns días atrás a Raíña Vermella premioume cun galardón inesperadísimo: O premio Dardos (que ademáis é un meme). "Puntos de carisma", chamoulle. Tendo en conta que foi ela mesma co seu blogue o empurrón último pra que este espazo nacera, e que coñece tantos e tan variopintos fiquei pasmada cando lin aquilo: "carisma". Mesmo busquei a palabra no diccionario. Este monte de Caos ten carisma? (mandade unha sms ao 55555-3 se pensades que a Aliada merece os puntos de Carisma!) No medio da lapada carismático-emocional e do proceso de asimilación de tal Título, xurdíu outra pregunta. Sra carismática, a quen elixes ti?


Houbo unha retrospección á infancia, daqueles momentos en que che tocaba elixir nos xogos cando todo o mundo escollera. Os meus Top-blogues-chachi xa están galardoados


Que facer???

Baixo semellante tensión carismático-emocional-controvertida, non tiven máis remedio que caer desmaiada igual que Floripondia.





Imaxe: Xoan Muñoz






Nota para a xente pez:
(Floripondia era a filla do alcalde que secuestrara o Pirata Garrapata xunto co barco, e que non facía outra cousa que desmaiarse de xeito que servía de motivo de capitulación do diario de a bordo. Ex: Caldo de zapatos e vixésimo sexto desmaio de Floripondia. Eu é que sei todas estas cousas, polo meu carisma, tsk)

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

Os primeiros cafés