Mostrar mensagens com a etiqueta entropías. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta entropías. Mostrar todas as mensagens

sábado, 30 de maio de 2009

SÍNDROME DE FELIPE ou PRINCIPIO DE DISPERSIÓN




Existe un principio básico do comportamento humano que funciona igual que a entropía. As persoas vagan libremente pola súa vida, coas súas ocupacións favoritas. Sae o sol, vamos á praia. Vaise o sol, vexamos esta peli, leamos este libro, etc. Incluso hainos que desfrutan máis facendo cousas produtivas! E no outro extremo os que desfrutan facendo NADA; nada de nada.


Pero dáse o caso de que se colles a todas esas persoas e lles impós certa tarefa pesada copiosa e sen copiar, todas tenderán a dispersarse máis nesas ocupacións predilectas. Incluso ás que desfrutaban facendo nada entrarálles gana de ir a praia, de ler, de facer un herbolario de fungos en perigo de extinción.



Como as tarefas impostas teñen sempre un prazo, prodúcese un fenómeno mediante o cal a reducción do tempo faise inversamente proporcional ao estado de alteración das persoas en modo de dispersión. É dicir, a parsimonia coa que se adicaban a estes pasatempos, que se alonxan dos impostos, nun principio vaise tornando en histeria propia dun bipolar ou dunha persoa con principio de desdobramento de personalidade. Isto é, fuxindo da obriga, acoden cada vez máis illadamente a "suh cosas" pero cada vez máis o resorte en forma de coello branco con reloxo de peto failles mudar a expresión e saltar do sofá entre "merda! non podo!", tirar o libro sobre a cama cun "coño, céntrate!" ou a pelota de teu amigo entre as ondas e abandoalo entre "teño que marchar! non me da tempo!".


Este incremento do desexo de facer certas cousas só polo feito de ter imposto facer outras é o que din en chamar O SÍNDROME DE FELIPE ou PRINCIPIO DE DISPERSIÓN. Para mín funciona paralelamente ao principio da entropía que di-referíndose neste caso a partículas-: todo tende ao caos.


Coido que todos sufrimos nas nosas carnes este terríbel fenómeno, ou como diría Soñadora "é algo que todos coñecemos". Din que se cura con "disciplina" que ven sendo o nome que nos colexios de monxas se lle deron a ir en contra das leis naturais.


Estades lendo unha clara mostra deste principio. Vou ver se fago algo do meu traballo pero non me penso resistir ás ganas de poñerme o bikini dentro dunha hora e saír darme un bo baño ao sol. ¡Que teñades unha feliz época de exames!




segunda-feira, 6 de abril de 2009

O CARTÓN DE LEITE DE KEVIN COSTNER

En primeiro lugar quero deixar clara unha cousa: todo o mundo ten un pasado. Kevin Costner, por exemplo, tiña un pasado glorioso. Escarallouno si, pero era un pasado glorioso.


Dito esto confeso. Aos 11 anos estaba namorada de Kevin Costner. Coleccionaba fotos súas. Vin todas ou case tódalas películas del. Algunhas delas tiña que velas a escondidas, as de maior proveito polas escenas de sexo nas que me recreaba. As miñas tías por reis -aínda que elas eran máis de Robert Reford- agasalláronme cun super poster da súa cara bonita que puxen trala porta pa vela dende a cama.


Véndoo en perspectiva non é tan grave: nunca gostei de ningún triunfito, ou dos cachondos que nos empaquetaban na adolescencia. A mín me gustaba a cara de ver le lonxe de Costner, a súa pose de machote duro pero de doces ollos verdes e que no fondo sempre era boa persoa.


Hoxe, facendo zapping atopei unha peli relativamente recente que protagoniza: Mr. Brooks. O primeiro que pensei foi na frase de Cris de Family Guy "No lo entiendo. ¿Por qué siguen ofreciéndole papeles a Kevin Costner?". Depois, que era a mesma personaxe de sempre só que desta vez era un asasino en serie. Pero entón cheguei á escena! A imaxe que reproduzo aí arriba veu a corroborarme unha tese que durante a miña amplísima papación de filmes do actor vin elaborando:


¡¡¡¡¡¡¡¡¡En tódalas súas películas hai unha escena na que Kevin Costner vai ao frigo e bebe leite!!!!!

A cumbre do actor foi caseque o seu estrelato: Bailando con lobos. Dende entón todo o que fixo foi mierda. Eu teño a firme convicción de que o pobre pobre Costner, de recoñecido carisma seica, liouse coa moza do seu representante e a partires de aí os malos consellos levárono polo camiño do fracaso.


Pero o que hoxe quero exponer é moito máis interesante. Dende aquela en tódolos films que protagonizou, antes ou despois a súa personaxe acode á xeladeira (esceptuando Robin Hood e Waterworld por razóns obvias), extrae o cartón de leite e bebe -xeralmente a morro porque é moi machote, aínda que nesta imaxe dalle un toque de clase ao minucioso asasino usando un vaso-.

Diredes vós: "é unha imaxe común no cine americano contemporáneo"; ou "é que cenan moi cediño". Pero, coa seguridade de que ningún de vós se vai poñer a revisar toda a súa filmografía, podo afirmar e afirmo apoiandome no meu extenso coñecemento deste que non se trata dunha casualidade. É o toque Costner.
O detalle fíxome reflexionar. A qué se debe este xesto co leite? Atopei 3 posibles razóns:


a. A imaxe de home duro e seguro de si mesmo naceu como contrapartida á imaxe da personaxe principal do cine americano dos anos 20 a 40. Os güisquis secos ou con xeo, ou batidos sen mesturar estaban sempre tralo protagonista oscuro, crápula, tendente á depresión, mullereiro e ás veces misóxino. Esta linda imaxe, grazas sobre todo ao seu reflexo na vida real en persoeiros coma presidentes, etc. acabou por cansar. Agora o que mola é ser un americano sanote. Iso pon mogollón. Beber leite porque somos uns yankees seguros e dicir "Dios bendiga América".
... Oh, meu Deus! Kevin Costner é republicano!


b. Costner, vendo a que se lle viña enriba profesionalmente, contratou cunha multinacional de leite, a cambio de facerlles publicidade, unha comisión.


c. Trátase dunha aposta con algún compañeiro na súa etapa de estudante na escola de Arte Dramático.


Non sei, eu sigo a darlle voltas. Vos que pensades?

segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

Que cona miras?

Imaxe: Aliada. Pintada orixinal: algún londinense. Debuxo: Aliada.


Hai un par de semanas levei outra decepción coa sociedade:
Estabamos as amigas de festa e rematamos nun pub ao que non adoitamos ir. O caso é que entre exaltacións da amizade e demáis xestos que soemos ter entre nós porque somos xente ben magha e nos queremos ben, xurdiron imaxes lindas coma esta. Para a nosa sorpresa os hooligans que había no local comezaron a aplaudir e berrar igual ca se fosen monos. Foi coma se premeramos o berro do celo e saltaran todos coma tolos...

Coa prea que levábamos non había lugar para a carraxe. Porén, hoxe pintei unha parede de Londres -onde, por outra banda, quizábeis non recibiríamos tales humillacións- cabreada cunha sociedade que abanza a paso Michael Jackson.

quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Dardos chineses e crimes e mulleres desmaiadas

Gústalles o country?


Hai unha explicación.

Uns días atrás a Raíña Vermella premioume cun galardón inesperadísimo: O premio Dardos (que ademáis é un meme). "Puntos de carisma", chamoulle. Tendo en conta que foi ela mesma co seu blogue o empurrón último pra que este espazo nacera, e que coñece tantos e tan variopintos fiquei pasmada cando lin aquilo: "carisma". Mesmo busquei a palabra no diccionario. Este monte de Caos ten carisma? (mandade unha sms ao 55555-3 se pensades que a Aliada merece os puntos de Carisma!) No medio da lapada carismático-emocional e do proceso de asimilación de tal Título, xurdíu outra pregunta. Sra carismática, a quen elixes ti?


Houbo unha retrospección á infancia, daqueles momentos en que che tocaba elixir nos xogos cando todo o mundo escollera. Os meus Top-blogues-chachi xa están galardoados


Que facer???

Baixo semellante tensión carismático-emocional-controvertida, non tiven máis remedio que caer desmaiada igual que Floripondia.





Imaxe: Xoan Muñoz






Nota para a xente pez:
(Floripondia era a filla do alcalde que secuestrara o Pirata Garrapata xunto co barco, e que non facía outra cousa que desmaiarse de xeito que servía de motivo de capitulación do diario de a bordo. Ex: Caldo de zapatos e vixésimo sexto desmaio de Floripondia. Eu é que sei todas estas cousas, polo meu carisma, tsk)

sábado, 3 de janeiro de 2009

(introdúzase taco)


"¡Qué número!
Por las noches,
cuando -más o menos- cómodamente
dormís,
me pongo a hablar sola,
-mejor dicho-
a escribir sola, hablando por los pasillos.
Son retahílas de frases nunca dichas
enjoyadas con tacos bien sonantes
(indignada por las noticias diurnas).
Me pongo a hablar sola por los codos,
por los que no hablan,
musito versos jamás escritos
y que jamás escribiré." (...)

Gloria Fuertes: Historia de Gloria. Ed. Cátedra. Pag. 69.

quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

2009: Alegría, optimismo e sordidez para todos!




“Vos te das cuenta, uno se cree muy liberado de supersticiones cosmogónicas de aniversarios y de años que mueren para que entren otros, pero cuando te vas acercando al filo de la medianoche empieza algo que ya nada tiene que ver con la inteligencia, que se instala en pleno estómago y que hace mucho daño”.
Carta de Julio Cortázar a Francisco Porrúa (1965)
Un toque de humor e outro de melancolía de dous grandes, danme cancha pra dicir que neste ano que remata naceron moitas cousas importantes na vida de unha (e non vai por este humilde recuncho do ciberespazo) e que ... en fin... *^^* -_BrUjItA_-oS-...*kiErE*...m0G0llón¡¡¡ ekisdé ekisdé akisdé..._-*PeÑa GuaI FoReVeR!*-_ ^kE tEngAis uN SuPeResTuPendo 2009!!!^
Perdón, tiña que facelo.
Veredes: eu sei o que Cortázar quería dicir naquela carta que escribíu nunha noite vella totalmente só en París. Non trataba de nostalxia, de morriña. De reflexións profundas. Como el di "nada ten que ver coa intelixencia". E ademáis é algo que afecta ao estómago e doe. Eu atreveríame a dicir que da náuseas. Eu sei o que lle pasaba a Cortázar. Xulio non estaba en París realmente. Aquela noite que ficou só, o célebre escritor en realidade relataba a súa experiencia de ter pasado a noite vella.... ¡NA CORU!
Si, queridos aliados, dende esta cidade sórdida non apta para cabezas sensibles, mándovos unha aperta grande. Vémonos o ano que ven, se sobrevivo. ¡Feliz aninovo!

domingo, 28 de dezembro de 2008

Na máis, no más.... bah


Unha imaxe vale máis que mil palabras?
Poida que non, pero se @ escritor/a é vag@... que carai?