segunda-feira, 6 de abril de 2009

O CARTÓN DE LEITE DE KEVIN COSTNER

En primeiro lugar quero deixar clara unha cousa: todo o mundo ten un pasado. Kevin Costner, por exemplo, tiña un pasado glorioso. Escarallouno si, pero era un pasado glorioso.


Dito esto confeso. Aos 11 anos estaba namorada de Kevin Costner. Coleccionaba fotos súas. Vin todas ou case tódalas películas del. Algunhas delas tiña que velas a escondidas, as de maior proveito polas escenas de sexo nas que me recreaba. As miñas tías por reis -aínda que elas eran máis de Robert Reford- agasalláronme cun super poster da súa cara bonita que puxen trala porta pa vela dende a cama.


Véndoo en perspectiva non é tan grave: nunca gostei de ningún triunfito, ou dos cachondos que nos empaquetaban na adolescencia. A mín me gustaba a cara de ver le lonxe de Costner, a súa pose de machote duro pero de doces ollos verdes e que no fondo sempre era boa persoa.


Hoxe, facendo zapping atopei unha peli relativamente recente que protagoniza: Mr. Brooks. O primeiro que pensei foi na frase de Cris de Family Guy "No lo entiendo. ¿Por qué siguen ofreciéndole papeles a Kevin Costner?". Depois, que era a mesma personaxe de sempre só que desta vez era un asasino en serie. Pero entón cheguei á escena! A imaxe que reproduzo aí arriba veu a corroborarme unha tese que durante a miña amplísima papación de filmes do actor vin elaborando:


¡¡¡¡¡¡¡¡¡En tódalas súas películas hai unha escena na que Kevin Costner vai ao frigo e bebe leite!!!!!

A cumbre do actor foi caseque o seu estrelato: Bailando con lobos. Dende entón todo o que fixo foi mierda. Eu teño a firme convicción de que o pobre pobre Costner, de recoñecido carisma seica, liouse coa moza do seu representante e a partires de aí os malos consellos levárono polo camiño do fracaso.


Pero o que hoxe quero exponer é moito máis interesante. Dende aquela en tódolos films que protagonizou, antes ou despois a súa personaxe acode á xeladeira (esceptuando Robin Hood e Waterworld por razóns obvias), extrae o cartón de leite e bebe -xeralmente a morro porque é moi machote, aínda que nesta imaxe dalle un toque de clase ao minucioso asasino usando un vaso-.

Diredes vós: "é unha imaxe común no cine americano contemporáneo"; ou "é que cenan moi cediño". Pero, coa seguridade de que ningún de vós se vai poñer a revisar toda a súa filmografía, podo afirmar e afirmo apoiandome no meu extenso coñecemento deste que non se trata dunha casualidade. É o toque Costner.
O detalle fíxome reflexionar. A qué se debe este xesto co leite? Atopei 3 posibles razóns:


a. A imaxe de home duro e seguro de si mesmo naceu como contrapartida á imaxe da personaxe principal do cine americano dos anos 20 a 40. Os güisquis secos ou con xeo, ou batidos sen mesturar estaban sempre tralo protagonista oscuro, crápula, tendente á depresión, mullereiro e ás veces misóxino. Esta linda imaxe, grazas sobre todo ao seu reflexo na vida real en persoeiros coma presidentes, etc. acabou por cansar. Agora o que mola é ser un americano sanote. Iso pon mogollón. Beber leite porque somos uns yankees seguros e dicir "Dios bendiga América".
... Oh, meu Deus! Kevin Costner é republicano!


b. Costner, vendo a que se lle viña enriba profesionalmente, contratou cunha multinacional de leite, a cambio de facerlles publicidade, unha comisión.


c. Trátase dunha aposta con algún compañeiro na súa etapa de estudante na escola de Arte Dramático.


Non sei, eu sigo a darlle voltas. Vos que pensades?

16 comentários:

Mario disse...

Eu creo que é unha mensaxe en clave da extrema dereita, é como dicir "este é o leite dos arios" (e aí cada quen que pense o que queira).

De todos xeitos non me creo que penses que un peliculón com Tin Cup é mierda. É como para deixar de falarche.

Nela disse...

Hahaha. Lémbrome que lle fixen mercala a meu pai durante a miña febre Costner. E de feito nesa Gran Obra Mestra -que viron hai un par de meses meu pai e meu irmán que se aficionaron ao golf. ¬¬ se- hai unha escena na que se recrea no momento Leite. Colle o cartón, chéirao ao puro estilo Nota, e dille ao Cadi(non sei como se escribe) que está pasada, que a deixou fóra. E a tira pola ventá da roulotte no "jacuzzi" -piscina inchable-.
Iso desbota o da extrema dereita, creo.

Mario disse...

Non iso é un rexeitamento explícito do IV Congreso do KKK, cando decidiron non federarse e seguir cada grupo por separado. De feito a Tin Cup representa a victoria "pequena", o máximo ao que poderían chegar de non unirse.

É que eu, posto a inventar paranoias...

Nela disse...

...era victoria pequena pero ficaba coa moza.TSK.

A ti non te fai falla inventar paranoias, sábelas todas! ;)

unha aperta.

PD: Se algún día escribo un libro ficas encargado da reseña porque é loable a capacidade que tes de sacarlle miga á mierda máis grande. haha. :)

Nela disse...

Ah, segundo meu pai, as opcións a e b son complementarias. A vontade de Costner de extender a imaxe do novo e sanote americano puidose potenciar por medio de incentivos económico das empresas leiteiras. (Papi dixit)

Soñadora disse...

Jajajajajajajaja :D:D:D me hizo muchísima gracia!! La verdad es que no me había fijado, pero es una frikada más q se une a la lista, asi q enhorabuena Nela, y a seguir sumando!! :D:D (te ayudaré en lo q pueda)
PD: a mi lo del acuerdo con la multinacional de leche me parece lo más probable, por cierto!

Nela disse...

:D Grazas! Destas pequenas frikadas se alimenta a miña retorcida mente e por extensión este blogue. Non che hai remedio. From lost to the river.

As razóns económicas sempre son as máis probables e as máis aburridas.

Lux Lagóstena disse...

"xeralmente a morro porque é moi machote"

...y sin querer, me acordé del Sr.Cervantes :(

jajaja

Nela disse...

Ese gran home...

O outro día vino paseando polo Franco. Coa traxe, un abrigo longo gris e as mans collidas na espalda. Recorría cos ollos azuis os ventanais e a xente con aire de botarse a rir. Coma o teu sorriso enigmático. Déronme ganas de paralo e dicirlle "Cónteme algo. O que sexa. Fáleme Vde. E sexa moi sarcástico"...
Perdón, Fuera! GLUP!
:D

Lux Lagóstena disse...

¡nunca! ¡nunca! ¡NUNCA!

:)

A Raíña Vermella disse...

Kevin Costner é a versión limpita de Bruce Willis, que en tódalas pelis sae de resaca :)

P.D: non te tortures, ocórrenseme cousas bastante peores que que che gustara Kevin, que ao fin e ao cabo fixo cousas decentes. Por certo, a miña nai tamén é de Robert Redford, será unha característica xeracional? Eu, pola contra, sempre fun mais de Paul Newman...

carlitos disse...

Solo digo que tienen una peli muy buena reciente Open Range .. no lei todos los comentarios pero ya lo leere .... es otra peli del oeste y mu buena :P

O pastor eléctrico disse...

Ademais en Open Range sae con bigotón, coma nas súas grandes actuacións, Bailando cos lobos e Os intocábeis de Eliot Ness.
O do leite ben pode ser un tabú do actor. Ao mellor milkworld tivera sido un éxito de público...

Nela disse...

Si, eu penso que é xeracional. Ti sempre tiveches máis clase, Raíña. ;)
De todos modos cos anos descubrín que o que me gustaba del era a voz de Ramón Langa (e de aí que me atraia Bruce Willis...que non che me gusta nada-?-). Cada quén ten os seus fetiches.

¬¬ ...Non sei eu se será tan boa como dis. Terei que sacrificarme e vela... :P

Se confirmo esa tese de que as pelis boas del son nas que sae con bigotón, non fago outro post, lle escríbo! Pobriño.

Unknown disse...

También en Dragonfly bebe la leche de la nevera??? a mí esa peli me gustó!
Y si en vez de leche es Bio como el de Coronado y lo necesita para... para... para... ya sabes... (PARA CAGAR!)??? ahí dejo la duda...
Por cierto, Bailando con lobos también es un peliculón, por supuesto, porque Kevin muestra en todo su explendor su hermoso culito!

Nela disse...

Dragonfly é outra caca, Iria. Pero como caca recoñecida que vin coa miña irmá, coma tantas outras mierdas recoñecidas, collinlle cariño. :)
Pode tomala despois de grabar, ou? Tense que enterar todo o mundo de que está estreñido? Estreñido e estrelado, pois vaia. Pour thing!
Si, de feito se buscas a peli en imaxes no google saen en varias páxinas o fotograma del en porretas lucindo cú.