sexta-feira, 17 de abril de 2009

GO RIMBAUD!

"Hai que mirarlle as tripas a tódolos monstruos"

Rapaza do Arco


Alén das linguaxes reais
hai unha gata que miaña,
Cos ollos desencaixados
E a melena a rastras
Unha Maga que non para de camiñar.

Bailando sobre o fuso que xira
No nome dos que a queren ver caer.
Xamáis dúas ás de vespa
Puxeran tanto medo nos vellos dos tirantes.
Morcego aterecido co sangue blues
Chiando as noites máis frías.
Quen ten o valor de dicirlle que non cante núa?


É máis ceibe do que serás na vida, Bob.
Deixadea voar
Ao cabo, quen sabe o que é normal?
Desconfían porque fai versos das cores
Que nin ti nin eu viamos.
Ollala é comprender o milagre,
A chave da Gloria dos Inmortais.
Se os idiotas souberan...
pero a quen lle importa o que non entende?

Eu entendín as súas mans de avoa recén Nada
E se mo pedise, aprendería os pasos imposíbeis
Para bailar con ela o watusi.
Bailaremos xuntas o watusi
para que nos chamen tolas

Eu vina, cosimos os ollos, e compartimos planeta

Un felino á espreita alén do cristal
En verdade saltou no soño
Atravesando o vidro
Sobre mín

Mil anacos afiados chovendo en slow motion
E eu baixo ela, co sorriso dos suicidas.


Nalgures os señores aferraron os tirantes sobre a panza
vendo como ela me ollaba con ollos marelos
Tumbadas nun chan de reflexos
Vin os sete arcos da vella
e ela cravou o fío
na comisura
e o sangue

que zugou

atravesoume

a boca


E a lingua
Xuraría que bailaba
Mentres chegaban

Os Cabalos.

5 comentários:

O pastor eléctrico disse...

Penso que a canción esta vaime acompañar até a fin dos tempos. Moi boa a cita da Rapaza.
E moi bo, e fermoso, e plástico o poema.
Go Aliada!

Lux Lagóstena disse...

uau...

hay frases de esas que apuntaría por todas partes. me gusta cómo has plasmado la paranoia nocturna.

desde luego esta mujer, nos vuelve locas! :)
habrá que ir a bailar el watusi para desquitarnos :D

Nela disse...

Gracias, Pastor! :) Non, xa me desquitei aquí, xa non te aturullo máis. Gracias polo apoio.

Lux, ho, moitas gracias!
Penso que estamos todas nós un pouco tolas e temos unha pouca alma de poetas por iso nos encanta...
si, iso sempre, do the watusi e entrarmos en trance se o sabio señor da perruca xoga ben as súas cartas! :-D

Lux Lagóstena disse...

o sabio señor da perruca sempre xoga ben as cartas porque coma ben dixestes, é sabio ;)

Principio de indeterminación disse...

Ya tengo blog :P