
Este é Liam -aínda que me saíu cun aire a Tosar-. É fillo de Fran Bueno. Coñecino nunhas páxinas que recollen a primeira entrega de Amor Inmortal, do guionista estadounidense Jay Faerber. Trátase da revista Galimatías.
A verdade é que me sorprendeu gratamente o achamento. A revista ven con El Correo Gallego cada quincena. O venres pasado foi o primeiro número. Pensei que chegaba no momento xusto en que comezábamos a sentirnos ursiños en perigo de extinción, sen outra alternativa que recollérmonos nunha cova coas nosas ideas estrañas sobre algo chamado cultura nacional e minucias coma a lingua ou a identidade.
Lino na cama. Pola noite soñei con Liam. Dicíame que quería entrar pisando forte. Mesmo atopou refuxio nos mundos eléctricos. Pedíume que non o deixase desaparecer, que o pintase de vermello, a cor da língua e do sangue.
6 comentários:
Interesante, agora mesmo a miña cabeza ferve un emburullo de ideas.
Graciñas, pero non me atribúas o mérito do productivo emburullo en potencia. :D
De feito teño que facer unha etiqueta que poña algo así como "post-caca" para este tipo de publicacións.
Un bico.
Eeeeeeeeeeeeeeeeeeeh, q es eso de la primera revista de comic gallego??? Mi padre, Xan López Domínguez y Prado fueron los pioneros en crear un fanzine en gallego, en la decada de los 70!!!Se llamaba Xofre xD, en fin, siento el alarde :P tenía que soltarlo :P:P
Besiiiitooos
A noticia puña "Nace a primeira revista galega de banda deseñada". Creo que non é exactamente o mesmo o cómic que a banda deseñada. De tódolos xeitos supoño que algo ten que ver que haxa aportacións de guionistas americanos no asunto. Ademáis non se trata dunha revista coas mesmas bandas deseñandas, vai cambiando dependendo do número.Non che sei. Mira o enlace de Galimatías. Podes pregúntalle a teu pai e nolo aclaras, que eu tamén tiña esa dúbida?
Graciñas!
Un bico, Soñadora.
Atopaches un xeito do máis poético para falarnos dunha revista :)
:)
Enviar um comentário