sábado, 7 de março de 2009

Lendas de pasión ou a peli do cachondo loiro


Onte na miña casa tivo lugar un estrano suceso que xamáis acontece: ceamos todos en familia coa tele de fondo. Para os despistados o elemento estrano é a TV acesa.

O asunto é que facendo zapping coa miña irmá atopamos a un Brad Pitt con melenas cachondérrimo e claro, calqueira cambia de canal así de primeiras. Meu irmán, que observou a nosa exaltación ante tan belísima fotografía, instounos a vela porque era "un peliculón". Ben, coas bromas (miña irmá adicouse a enriquecer as escenas máis emotivas reinventando os diálogos) papámola enteira.

Despois de chegar á conclusión de que o baremo cinematográfico de meu irmán reside na epicidade (patada á gramática! zas! en toda la boca!) da súa banda sonora -así os top de cine pra el son Braveheart, Gladiator e demáis aberracións- púxenme a pensar na natureza de semellante culebrón.

Foi primeiro o culebrón cowboiesco ou foi o "peliculón" do loiro cachondo. A verdade é que a peli baséase na novela "Legends of the Fall" de Jim Harrison, que non teño o máis mínimo interese de ler, e foi adaptada por dous guionistas: Susan Shilliday, guionista de I Dreamed of Africa (2000) Bill Wittliff, guionista de The Perfect Storm (2000). WOW.
Púxenme a pensar de qué xeito se poderían conseguir puntos (+culebrón). Se te pós ten que resultar todavía máis culebrónicamente insoportabel! Por exemplo:


1. Ten que durar máis. Polo menos unha hora.


2. Brad ten que facer máis escenas nú de cintura para arriba e preferíblemente suado (non é vicio, é visión comercial).


3. Non hai tres sen catro: un irmán máis. Pero se este cuarto irmán se liase e/ou enamorase da pobre pobre Suzanne pasaría de ser unha purísima muller víctima do cruel destino a ser un putón. Co cal, propoño que fose homosexual. E digo máis, que se namorase do indio melenudo (canta máis melena mellor, que ahí reside a pasión). E que supuxera un conflito para o vello pai porque descubriría o tórrido romance que manteñen o seu vello amigo e o seu fillo. Ao final hai unha humillación chunga ao pobre mozo por parte dos da vila e o asasinan. O indio fai un sacrificio e canta á lúa. Con moita música de corda in crescendo.


4.
Suzanne, cando se decata de que o seu amado Tristan vai casar coa india Isabel II, vai polo rancho a retala e pelexan por el. Tíranse das melenas.


5. Vese por qué a nai dos tres irmáns e o vello coronel William están separados. Trataríase dun conflito ético-moral no que ela, por exemplo, se vise involucrada na morte dun dos indios que viven baixo a proteción do Coronel. Ela líase cun alto mando, e lle revela o paradoiro do nativo. Captúrano e un noviño William LudLow fai unha épica carreira no seu cabalo pra impedir a execución do seu amigo nativo. In crescendo da banda sonora. Non chega a tempo porque cae xunto co cabalo por un precipicio e fica paralítico. Dende ahí non pode ver diante á súa muller.


6. Suzanne antes de suicidarse ten que rasgar as vestiduras e saír á rúa dando voces como poseída. Pégase o tiro diante do seu marido que vela o cadabre unha noite enteira.


7. O pequeno Samuel, morto en combate, se lle aparece a Tristán. É importante para o proceso de tolemia que sofre o cachondo loiro.


8. Nas escenas en interiores haberá sempre ventás abertas polas que entre unha brisa que faga ondear as melenas dos protagonistas.


9. O ollar de todolos personaxes ten que ser aínda máis épico. Un par de gotas antes de cada primeiro plano.


10. Cando por fin morre Tristan a toupas do seu tótem o oso, a cámara ten que ser lenta, non rápida. Unha vez finado haberá un plano no que unha luz saia do corpo inerte do bravo Tristan e ascenda até o ceo nocturno onde fique en forma de estrela por sempre. A música orquestral aquí é fundamental.


E máis nada. Marcho cenar sin TV. E a escoitar cómo meu irmán fai a súa propia música (épica?)

9 comentários:

Anónimo disse...

Eu quero escoitar a musica do teu irman :P xD

desde la tierra charra admito q a mi la peli me gusto .. xo a mi me gustan casi todas las peliculas ... x muy malas que sean :P

Anónimo disse...

"Tan sólo la oscarizada fotografía de Toll salva de la mediocridad absoluta este insulso filme que desperdició un reparto lleno de estrellas. Blandita" (Fernando Morales: Diario El País)



Recuerda que el puente te espero si puedes venir! :P

O pastor eléctrico disse...

Olvidas un elemento de épica: ORCOS
Todo gaña con orcos. Oo no seu defecto con Nazis.
Eu quedo cos primeiros.

PD: Que axeitado, a palabra anti-spam é igneo

Rosalía Fernández Rial disse...

joder, chaval, pero vós acabades de facer outra película...
Quen vos vería de críticos cinematográficos: "esta peli non está ben, pero espera que pronto che montamos outra xa verás que de puta madre" xD
Bueno, dsde logo tería unha clara ventaxa: habería xustamente o doble de filmes no mundo...Si, desde logo, sería moi enriquecedor.

Rosalía Fernández Rial disse...

"DESDE LOGO", valga a redundancia ¬¬

Anónimo disse...

las peliculas de orcos siempre son buenas ... y las de gremlins XP

Las de nazis ya empiezan a saturar .. aunq tengo ganas de ver la que sale en verano con Brad Pitt de protagonista y dirigida por Tarantino: Inglorious Basterds ... aunq como tb sale Mike Mayers a saber que sale de eso ...

Nela disse...

Songoku (Vexeta non te pega nada): Ti es benévolo pra todo :P Estou con Morales nesa crítica.

O concerto estivo moi guai! Van mellorando. :)

hO,Q ben sabes como convecerme! Xeado da Ibenseeeeee (ggarrrhhhgggg)

Pastor: Paréceme ben. A guerra sería contra os Orcos. Ou podería ser o traballo pra sacar pasta. Facer Orcos Uruk-hai. "Quen é o voso señor?" "Triiiiistaaaaaaaann" :D
PD: (?)

Ross: A verdade é que a que se aburría era eu. Miña nai por exemplo dicía "a ver se morren xa todos dunha vez". De feito cando lle contei os meus "retoques" dixo "non sei como tes a cabeza pra andar argallando semellantes tonterías" :-$ Miña irmá dobraríaa como a versión esta de Trola Films dos que dobraron O señor dos Aneis. non sei se "enriquecedor" pero habíamolo pasar pipa :D ...Dalgún sitio igual de caótico teñen que saír as comedias metacinematográficas...

Unknown disse...

Lo mejor de todo es que en la peli real Tristan-cachondo-Brad-Pitt no es el hijo biológico, en realidad es adoptado... claro que estas cosas sólo las sé ver yo en las pelis... y he de decir que además de decir que era un peliculón, nuestro querido Gladiator dijo que estaba terminando y no era cierto, así que seguramente tampoco quería decir que era un peliculón; creo que dijo realmente que estaba bien... Y AÑADO BRAVEHEART es un peliculón; a ver, en qué otra peli se pueden ver tantos culos masculinos como en ella???? ;-)

Nela disse...

Iria, definitivamente, levas mal a distancia. Tes necesidade de cú.