Estamos a 10 de xuño e o tempo segue igual de repugnante que cando comezou o curso. Chuvia, chuvia e máis chuvia. Se vivise nun baixo xúrovos que pasaría medo.
Sentindo a mesma indignación que Guille recuperei unha historia que fixen cando parecía que o sol chegaba pra quedarse hai uns meses... pero non.
Seica o venres volve o sol e a calor. Estou preparando unha boa corda pra apresalo en canto apareza e atalo á varanda do meu balcón. Muahahaaa ¬¬ . Sei que iso significaría non ter noites, pero estaría ben polo menos durante un tempiño. Ao cabo, se os suecos poden, nós tamén!
Clicade nela pra vela. Agardo que vos guste, e por favor facede caso omiso ás faltas de ortografía (o corrector de Word évos unha ferramenta moi traizoeira e eu moi preguiceira pra volver empezar de 0).
Alén das linguaxes reais hai unha gata que miaña, Cos ollos desencaixados E a melena a rastras Unha Maga que non para de camiñar.
Bailando sobre o fuso que xira No nome dos que a queren ver caer. Xamáis dúas ás de vespa Puxeran tanto medo nos vellos dos tirantes. Morcego aterecido co sangue blues Chiando as noites máis frías. Quen ten o valor de dicirlle que non cante núa?
É máis ceibe do que serás na vida, Bob. Deixadea voar Ao cabo, quen sabe o que é normal? Desconfían porque fai versos das cores Que nin ti nin eu viamos. Ollala é comprender o milagre, A chave da Gloria dos Inmortais. Se os idiotas souberan... pero a quen lle importa o que non entende?
Eu entendín as súas mans de avoa recén Nada E se mo pedise, aprendería os pasos imposíbeis Para bailar con ela o watusi. Bailaremos xuntas o watusi para que nos chamen tolas
Eu vina, cosimos os ollos, e compartimos planeta
Un felino á espreita alén do cristal En verdade saltou no soño Atravesando o vidro Sobre mín
Mil anacos afiados chovendo en slow motion E eu baixo ela, co sorriso dos suicidas.
Nalgures os señores aferraron os tirantes sobre a panza vendo como ela me ollaba con ollos marelos Tumbadas nun chan de reflexos Vin os sete arcos da vella e ela cravou o fío na comisura e o sangue
Levantou a pedra fría cos seus dedos regordechos. Centos de diminutos bichiños movíanse nerviosos descubertos pola luz do sol. Mirounos horrorizado e despois os aplastou un a un co polgar. Colocou de novo a pedra no sitio e sacudíu as mans, orgulloso.
Do the evolution- Pearl Jam
Si, seguirei bailando a danza da morte vestida de negro
e quedando sen voz por "berrar" esta letra.
Gústame cada certo tempo ver o vídeo e volverme escandalizar do herd behavior.
"Im at peace with my lust I can kill cause in God I trust, yeah. (...)
This land is mine, this land is free. Ill do what I want but irresponsibly. Its evolution, baby!"
Dábaste baños de angustia cada mañá que vías gris no cristal. Gota a gota era a vida pra ti a lista dos días que saudaban ao pasar. Pouco a pouco esqueciches que a Morte é o único que sempre sempre é horríbel.
A sala estaba ateigada de xente. Os que acudiran a última hora amontoábanse ao final da estancia de pé, xa que tódalas cadeiras foran ocupadas. As mans suábanme. Un calafrío percorreu o meu corpo cando dixeron o meu nome e todo o público comezou a aplaudir. Subín ao estrado. Puxen o papel no atril. Tratei de estendelo pero canto máis lle pasaba as mans húmidas máis o enrugaba. Erguín a cabeza e observei co estómago encollido á masa se xente que agardaba atento as miñas palabras. Carraspeei un pouco e comecei a falar. Un son cavernoso e vibrante saíu da miña gorxa e sobresaltoume. Era coma a voz dun morto. Aquel ruído horríbel prolongouse configurando verbas e despois oracións. A pesares do meu sobresalto non era capaz de detelo, de ficar calada. O fío rouco non podía cortarse. As primeiras filas de espectadores comezaron a revolverse nos seus asentos. Un rumor estendíase lenta e discretamente. Foi entón cando reparei no discurso que estaba a pronunciar. Non era o que eu preparara a noite anterior, o que imprimira naquela maltratada folla de papel. Aquel horríbel discurso en voz de ultratumba capaz de arreguizar ao máis plantado non tiña nada que ver co que eu quería dicir. Non tiña sentido. Porén semellaba que as frases por separado si... Canto máis escoitaba máis me arrepiaba. Aquilo era un inventario de cousas terríbeis, abominábeis. A xente víase cada vez máis inqueda. Escoitáronse algúns laios e berros. Mais aquela voz terrorífica non cesaba de cuspir todas aquelas imaxes arrepiantes. Comezaron a tremerme as pernas. Estaba totalmente desconcertada. Non sabía que facer. Aquelas verbas espantosas golpeaban o máis fondo do meu ser e deixábanme completamente paralizada. Un a un, todos os alí congregados erguéronse entre exclamacións e bramidos descontrolados. Alguén con uniforme aferrou o meu brazo e turrou del até baixarme do estrado. Non puiden facer nada, nin sequera parar aquela voz que non era miña mentres todas aquelas persoas se botaron sobre mín. Despois non lembro nada. Aquela foi a última vez que puiden falar. Nunca máis ningún son saíu da miña gorxa, nin cando máis precisei de berrar e ser escoitada.
- Tenés la barba turbia, ché - Tengo la barba de mil años. ¿Cómo querés que esté una barba de mil años? - Desplegada sobre tu cara, sin duda. - Vós tenés cara de arlequín inquieto. - ¿Te cansa el arlequín? - Me alienta intermitentemente. - ¿Ahora te alienta? - Como a un felino otro en el desierto. - ¡Eso es mucho alentar, che! - Si, quizás demasiado. - Si. - … - En la selva vós serías el león, con esa barba de líder loco. - ¿Por qué loco? ¿Por creérse líder? - Por creérse orden en el desorden. - Es un animal. Es instinto. No es un loco porque no piensa ni se cree. - Quizás… - Vós sí sos peligrosa. Mirá, el arlequín que provoca al león cansado. Terrible ¿no es cierto? - No tanto si está cansado. No puede sino hablar. - He aquí el peligro, nena. He aquí el peligro. - ¡Andate a afeitar la barba turbia! - Me matás… - Intermitentemente. - Intermitentemente me matás.
Cando aínda gatexaba facía tódalas mañás os deberes concienzudamente. Ía até o moble zapateiro da entrada, abría as portas non sen esforzo e observaba emocionada.
O interior estaba cheo de pares de executivos, de zapatos de tacón, de botas de auga de cores escuras... Calzado serio de goma, resistente, duro e grande.
No medio de todos aqueles zapatos de adulto estaban os meus patuquiños brancos de tea cunha liña azul e debuxiños amarelos. Nunca deixaba de facerme graza ver os meus patuquiños de cores que nin sequera valían para poñelos pola casa formando parte daquel montón de zapatos poderosos que saían ao exterior a enfrontarse cos elementos.
Cada mañá voltaba para comprobar que os maiores non cambiaran de opinion e excluíran o meu tesouro multicolor do moble da entrada. E de cada vez voltaba tan divertida coma satisfeita, gatexando até a sala, fascinada por aquel feito sen xeito ningún.
A todos os que pasen por aquí: ¡ Sexan benvidos e teñan paciencia coa inexperiencia!