domingo, 7 de dezembro de 2008

Conversa e mate

Cortázar con Flanelle, fotografados por Offerhaus

- Tenés la barba turbia, ché
- Tengo la barba de mil años. ¿Cómo querés que esté una barba de mil años?
- Desplegada sobre tu cara, sin duda.
- Vós tenés cara de arlequín inquieto.
- ¿Te cansa el arlequín?
- Me alienta intermitentemente.
- ¿Ahora te alienta?
- Como a un felino otro en el desierto.
- ¡Eso es mucho alentar, che!
- Si, quizás demasiado.
- Si.
- …
- En la selva vós serías el león, con esa barba de líder loco.
- ¿Por qué loco? ¿Por creérse líder?
- Por creérse orden en el desorden.
- Es un animal. Es instinto. No es un loco porque no piensa ni se cree.
- Quizás…
- Vós sí sos peligrosa. Mirá, el arlequín que provoca al león cansado. Terrible ¿no es cierto?
- No tanto si está cansado. No puede sino hablar.
- He aquí el peligro, nena. He aquí el peligro.
- ¡Andate a afeitar la barba turbia!
- Me matás…
- Intermitentemente.
- Intermitentemente me matás.

7 comentários:

O pastor eléctrico disse...

Como soaría o título na voz de Cortázar? Targrde?

Mario disse...

É curioso, porque hai un antes e un despois en Cogrtázar que coincide coa ausencia ou presenza de bagrba. Cando está coa bagrba xa fixera a súa evolución ideolóxica cara ao comunismo, o que supuxo tamén un enorme cambio na súa pegrsonalidade (que por certo non gostou nada a Pizagrnik nen a Vagrgas Llosa, os pobres).

A Raíña Vermella disse...

Aos xenios perdóaselles todo, incluída certa megalomanía... ;)

Nela disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Nela disse...

Pastor: Hehe. Todavía a estas alturas sigo sen saber se é unha retroflexa rrgreal ou un deghe do frgrancés...

Mario: Si, señor. E eses casos non son os máis sangrantes (Vargas Llosa chegou a deixarlle a súa casa en Londres a Cortázar no 70- barba incluída-). Porén, Borges nun acto público no 68 declarou "Desgraciadamente nunca podré tener relación amistosa con él porque es comunista".

Penso que máis que evoluír cara o comunismo, evoluíu cara a actividade política porque sendo estrictos os que se desligaron(por non dicir que saíron cagando minchas, que diría miña nai) da Revolución foros os seus compañeiros do 'boom' tralo caso Padilla a principios de 1970. El, nun principio, limitouse(aínda que tal verbo xamáis debería ser posto aquí) a manter o seu apoio aos Barbudos, sen deixar de recoñecer certos erros nas formas. Tal posición, de feito, é tachada por algún de inxenua.
¿Inxenuo?

Dato: En 1977 o escritor esixirá unha correción no diario "El País", no que o periodista José Miguel Ullán o presentará como “militante comunista”. Por que? Prudencia. Un exemplo de tantos.
Un home prudente non é xamáis inxenuo...
... e aínda así, vello, sabio e xenio tería que escoitar algunha vez iso de "andate a afeitar lah barbas".

Rapaza do Arco: Sei que non escribiches pero decateime que con esta inxenuidade miña (pobre, son pequena) acabo de vedarte a posibilidade de pedirlle a Mario que afeite a barba. Forever Forbbiden. De verdade que o sinto. :P

Raíña: ... E incluso vicios articulatorios, presunta prepotencia e ollos estilo Uma Thurman, pero non moito máis. :)

Soñadora disse...

:D me encanta

Nela disse...

Gracias, Soñadora! É produto dunha especialmente tediosa clase de metodoloxía.:P Primeiro naceu o debuxo, a continuación o meu diálogo con el. Un biquiño e benvida!