segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Tetris ou "a mosca"

Hai uns días OPastor ríase de mín porque lle contei por qué de nena me gustaba tanto o Tetris.

Cando todo o mundo suaba a gota gorda xirando as pezas a toda leche para encaixalas xusto antes de que colisionasen contra o chan- o que se entendía coma a finalidade do xogo- eu nos meus tenros cinco anos ollaba divertidísima para a pantalla vendo as pezas unha por unha amontoarse nun espacio cada vez máis reducido anunciando a catatombe final en forma de ese zunido que todos lembramos: fffzzzzsssssssss tiru-rururiru-rururú.
Nese intre en que a xente ficaba aturdida cunha terrible sensación de fracaso, eu ría a gargalladas aquel clímax de autodestrucción.


Cando miña irmá-esperta xogadora e dona do aparatiño-presenciou por primeira vez tal espectáculo mofouse de mín e tratou de explicarme en van a finalidade do xogo. Aquelo era un fiasco. Quen quería estar premendo todolos botóns sen parar estresadísimo? Para que? Ao final era inevitable!

Moitos anos máis tarde descubrín que o inevitable do Tetris se baseaba na lei da entropía segundo a cal todo tende ao caos, á máxima desorde ou (léase con acento de científico tolo arxentino) “todo tiende a la mierrrda”. Ben. Quen se ría de quen? Con cinco anos eu xa entendera unha lei universal e vivía en consonancia con ela- máis incluso do que lle gustaría á miña nai-. E sen necesidade de verme rodeada de merda prantexeime unha cuestión: Até qué punto o home loita contra esa lei con suor e sangue por pura necesidade e onde empeza o puro vicio? Tanta tranquilidade e satisfación nos da o feito de crer que temos control sobre as cousas?

Sabede todos que é unha ilusión. Hai que ser conscientes de que cando máis atarefados estemos, facendo malabarismos con mil cousas dunha vez, de sócato...

pum! fffzzzzsssssssss tiru-rururiru-rururú


PD: A todos aqueles que quedaron coas ganas de saber qué pasa cando logras vencer unha lei universal, ollo ao video, non ten desperdicio: troula en Moscova e posterior viaxe gratuíta ao espacio...



Para os que como a miña irmá conseguíchedes rematar o xogo, noraboa: ademáis de frikis sodes moi aplicadiños e chegaredes lonxe na vida. A ver qué vos parece este vídeo baseado en leis físicas reais:






PD2: HA!



8 comentários:

wargolth disse...

Ei! Non sabía que tiña unha curmá metida nisto do blogging, e o que é máis no galego-blogging!

A ligazón ó teu blogue vouna poñer decontado a ver se de cando en vez podo facerche unha visita.

Post-data: Agora que vin as imaxes do tetris, ¡non podo esquece-la música rusa repetitiva! Arrgh!

Nela disse...

Pois si, xa ves que isto está nacendo. Noviño do trinque. Avisoume do teu blogue a túa querida irmá, a pigha (q guai o vídeo XD), que hoxe nos vai deleitar cunha marabillosa zorza. mmmhh :P. (( mándache bicos!))

Podía ser peor. A mín cando a escoito lémbrame ás floriñas de Fantasía bailando!

http://es.youtube.com/watch?v=zOK-sSmO-mU

...As cabezas, q andan mal...

O pastor eléctrico disse...

Como mola o vídeo. É curioso que eu lembraba ese final do Tetris mais non lembraba que o Tetris se puidese acabar. Mira que ata pensaba que había un feito sobre Chuck Norris e o Tetris.

A rapaza do arco disse...

Pois a min encantoume a musiquiña de celebración!! :D
Eu son das que o intenta sen conseguilo. Unha vez que vexo que non logro manter a orde perfecta abandónome ao caos absoluto... até que o cosmos do cuarto (extensíbel a outras esferas da vida) colapsa e se reorganiza xD

Nela disse...

PastorEléctrico: Heheh. Pois debeu acabalo teu irmán se non tes ese final atesorado no caixón dos teus grandes logros (mira q ordeadiña m puxen...q mentira gordísima!).

RapazaDoArco: Si, sei a que te refires :P

Biquiños!

Mario disse...

O do tetris con final é para mariquitas, o que molaba era o Columms, onde o límite estaba dentro da túa cabeza (ou nas maos de dous forzudos dun psiquiátrico próximo).

A Raíña Vermella disse...

O Tetris é como unha droga para os adictos á entalpía coma min, que nos pasamos a vida tratando de evitar o inevitable. Non sabes que alivio cando lin que a cantidade de materia no universo superaba a masa crítica!

P.D: chulísimo o novo deseño (aínda que coma sempre chego tarde)

Nela disse...

Mario: hehe. Claro, por iso o Columms é menos coñecido. Ás empresas non lles interesaba ensinarlle ao consumidor a poñerse límites propios. Menudo lema para os publicistas: "Consumistas ou tolos!" Hihi. Vaia paradoxo.

RedQueen: Ai, dior mío, miña ruliña. Bótasteme a perder! A drog.. digooo: a entalpía non é boaaa!
RE:P.D: Graciñas!
Nunca é tarde! Aquí es ben recibida sempre! (e máis se é pra afagarme, por suposto!)

Moitos bicos!