quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

2009: Alegría, optimismo e sordidez para todos!




“Vos te das cuenta, uno se cree muy liberado de supersticiones cosmogónicas de aniversarios y de años que mueren para que entren otros, pero cuando te vas acercando al filo de la medianoche empieza algo que ya nada tiene que ver con la inteligencia, que se instala en pleno estómago y que hace mucho daño”.
Carta de Julio Cortázar a Francisco Porrúa (1965)
Un toque de humor e outro de melancolía de dous grandes, danme cancha pra dicir que neste ano que remata naceron moitas cousas importantes na vida de unha (e non vai por este humilde recuncho do ciberespazo) e que ... en fin... *^^* -_BrUjItA_-oS-...*kiErE*...m0G0llón¡¡¡ ekisdé ekisdé akisdé..._-*PeÑa GuaI FoReVeR!*-_ ^kE tEngAis uN SuPeResTuPendo 2009!!!^
Perdón, tiña que facelo.
Veredes: eu sei o que Cortázar quería dicir naquela carta que escribíu nunha noite vella totalmente só en París. Non trataba de nostalxia, de morriña. De reflexións profundas. Como el di "nada ten que ver coa intelixencia". E ademáis é algo que afecta ao estómago e doe. Eu atreveríame a dicir que da náuseas. Eu sei o que lle pasaba a Cortázar. Xulio non estaba en París realmente. Aquela noite que ficou só, o célebre escritor en realidade relataba a súa experiencia de ter pasado a noite vella.... ¡NA CORU!
Si, queridos aliados, dende esta cidade sórdida non apta para cabezas sensibles, mándovos unha aperta grande. Vémonos o ano que ven, se sobrevivo. ¡Feliz aninovo!

3 comentários:

Lúa Neghra disse...

Ola, encantada de te coñecer! Alegroume moito chegar e descubrir nun recunchiño tres cousas que adoro: caos, Mafalda e Cortázar. Alegría para o ano que comeza!

wargolth disse...

Vaia pero se é unha entrada do 31 sen facer un balance do positivo e o negativo do ano!!

Pois marcho o 4 cara Lyon. Que curiosamente tamén teño entropías o día 6. Só que eu vou calculalas, cambialas de unidade e facerlles un recadro agardando a que me dean puntos por elas.

Por certo, boa aproximación pero non. Aínda é máis sorprendente o que se pode facer co chisme azul na funda de vidro. Moito máis sorprendente

Nela disse...

Alégrome de que gostases, Lúa neghra. Benvida! Estás na túa casa.


Si, Iaguinho, non quixen facer balance porque teño moi claro que este ano foi moi positivo (son optimista por natureza). Ánimo coas entropías, xa sabes que hai que miralas "cos ollos do corazón" ;)
PD: Pois logo, non teño nin idea do que é. Fico intrigada!