quarta-feira, 10 de junho de 2009

Fotosíntesis required





Estamos a 10 de xuño e o tempo segue igual de repugnante que cando comezou o curso. Chuvia, chuvia e máis chuvia. Se vivise nun baixo xúrovos que pasaría medo.






Sentindo a mesma indignación que Guille recuperei unha historia que fixen cando parecía que o sol chegaba pra quedarse hai uns meses... pero non.






Seica o venres volve o sol e a calor. Estou preparando unha boa corda pra apresalo en canto apareza e atalo á varanda do meu balcón. Muahahaaa ¬¬ . Sei que iso significaría non ter noites, pero estaría ben polo menos durante un tempiño. Ao cabo, se os suecos poden, nós tamén!






Clicade nela pra vela. Agardo que vos guste, e por favor facede caso omiso ás faltas de ortografía (o corrector de Word évos unha ferramenta moi traizoeira e eu moi preguiceira pra volver empezar de 0).





10 comentários:

Iria disse...

Sento ser tan "ripunante" ou máis que o tempo, pero xa que a fen number one de mafalda son eu,teño que facelo...
Non é Miguelito!!! É Guille!!!
Bicos!
Por Germaniland tamén chove...

Iria disse...

Ups! aínda non me fago ó novo compíuter...
SENTO = SINTO...
FEN = FAN

A rapaza do arco disse...

Hoxe parece que a cousa comeza a mudar ;)
Gostei moito da OBRA, sobre todo sobre todo, do efecto visual, a disposición do texto sen baleiros sobre a imaxe, a cor... até iso transmite o agobio atmosférico que causa o texto até a metade.
Eu sempre digo que mentres non chega o bo tempo e a luz son tan só media persoa (estou como en modo aforro de enerxía, máis que nada porque non teño de onde sacala). Pero hai pouco, nunha viaxe ao sur, descubrín que en realidade gosto máis da chuvia e da humidade do que pensaba e agora até me dá máis reparo queixarme cando chove como o fixo estes días. Aínda que... mañá vou ser a rapaza máis felís do mundo cando volva poñer as sandalias ^_^

Aliada entrópica disse...

Iria: Que gambada! Xa o cambiei. É que o tempo-caca déixame -como diría Primo- "apapostiada"... Repu, que eres unha repuuu ¬¬
Non recoñecihes a imaxe?


Arqueira: Moitas grazas polos afagos. :) Eu nas viaxes a lugares "máis cálidos" descubrín que coa calor tamén estou en modo "aforro de enerxía". Salvo de noite. Nas noites calurosas de verán son como o demo de Tasmania. Será que é cando rematei de facer a fotosíntese?
Onte estabas priciosa coas sandalias e o atuendo fresquiño!Foi un día chuli!!

...Pero cando cheguei a casa escapoume o sol X-[ e hoxe xa non está. Esquecín ao deitarme de atalo á varanda. Un siñor díxome "chove!" pero a mín dábame igual. :)

A Raíña Vermella disse...

Onte aínda fotosintetizamos algo, si :) Agora xa teño reservas para uns días. Bicazos!

Lux disse...

ahora hay sooooooooool ^^
soool sol sol sooooooool
sol sooooooooooooooool


:D

(vale sé que es un comentario pobre y estúpido pero es la mejor manera de expresar la manera en que te lo diría en persona, subida a mi no-nube (no-nube porque hace sol xD) rosa. :D

yupiiiii

Aliada entrópica disse...

Si, Raçiña, si que fotosintetizamos! :)
...fotos,fotos,fots,fotos,fotos!





(Voz de Sin-Chan)
Viiiiivaaa viiiiivaaa
viiiivaaaa viiiivaaaa
soliiiño soliiiiño
viiivaaa viiiivaaa
^^

Así é como che contestaría cutreciosamente (cutre + gracioso + terminación pomposa-advervial que ven-como-seu-nome-indica-de-"mente") bailando a danza Sin-chanesca, coa nube aparcada no parKing pra que non se me evapore.

:D

PD: Díxome o Pastor que saíu o sol ao día seguinte porque xa parasa o corenta de maio. :) ¡Claro!
Eu quitei o saio e puxen a saia.
VIVAAAA

Aliada entrópica disse...

Perdón.
Raçiña= Raíña

Meu deus, a dislexia vai nos xenes!!!

Lux disse...

NELA REQUIRED:

"Estamos a 7 de xullo e lux xa bota de menos a nela..."

wargolth disse...

¡Boas entrópica! Pasaba eu por aquí, que hai moito tempo que non o facía, e por casualidade atopei a mesma entrada que a última vez que viñera... Son todas palabras finas para te dicir ¡Actualiza!

Por certo, cambiei o blogue de lugar. Agora me pasei ó software libre e teño o blogue nesta nova dirección : http://iaguinho.wordpress.com/