sexta-feira, 22 de maio de 2009

Asalto ás 6 a.m.







Imaxes orixinais: OPastor

7 comentários:

O pastor eléctrico disse...

Que cousa máis minina! Cústame un pouco ler o primeiro texto mais creo que o conseguín.
Fermoso traballo gráfico, non deixarás de sorprenderme.

Nela disse...

Iso pretendo ;) Arranxei a primeira imaxe para poder vela linkando sobre ela, pero non o consigo coa última. Grgr%**@$rrS!
Púxente nos créditos. :D ...a ver que vai ser isto...
Un biquiño

Agurdión disse...

Ei, pero qué sorpresa de fotos! Quedou fenomenal esta pequeña historieta, encántame o que fixeches coas imaxes. Ao principio non caía de onde saíran as fotos, pero deime conta ao ver a última, co gato estirado tirándose do tellado. Bicos!

Rosalía Fernández Rial disse...

s me dixeras iso diríache, joder Aliada, moitas gracias, estás empezando a coñecerme (aínda que sexa un pouco nada máis ;P). E despois engadiría: hostias!, pero se os teus gatos de matrix tamén son producto dun psicotrópico...igual poderíamos, non sei, CONSTRUÍR...si!, estaría ben...joder, estaría de puta madre...

Nela disse...

Moitas gracias, Agurdión! Non podería ter feito esta historieta sen o teu magnífino trebello :)



Non creas,ROs, os gatos vólvense psicotrópicos no momento de saltar do tellado, pero antes diso puideron estar tempo e tempo observando...
Estaría xenial construír, pero non estruturas pechadas. O hermético ten formas máis amábeis de expresión. Fagamos camiños.

A Raíña Vermella disse...

Precioso! Gústame imaxinar que un gato podería percibir o mundo así no momento da caza, como unha sucesión de manchas de cor vertixinosa, e se cadra unha zona de terrible nitidez arredor da presa.

Nela disse...

A mín resúltame curioso lembrar certas escenas da vida e decatarme que así precisamente foi como percibín eu a situación. A percepción sensorial ás veces éche así de caprichosa, selecciona o que lle gusta. Afórralle ese traballo á memoria. :)