terça-feira, 19 de maio de 2009

Xuntanza de pequenos dinosaurios


Tiña isto un pouco parado. Pero como a entropía andaba reinando polos mundos non- eléctricos marchei facer un pouco equilibrismo por eles. Esta é a imaxe linda que me levei de onte, 17 de maio, Día das Letras Galegas, de todos nós, os ursiños en perigo.
Seña porque marcho a cama e quería un conto lindo pra durmir como cando papá me dicía logo dun pesadelo "pensa en cousas bonitas", seña porque o retrato mo lembrou, aí vai un agasallo chusquiño.


3 comentários:

O pastor eléctrico disse...

Que guai!
Molan os pequenos dinosauros dándolle a paliza ao grande!
Semella unha metáfora do do domingo, os pequenos galegos perseguidos pola grande Hespaña, saen todos xuntos para tentar (e conseguir) devolver o golpe :)

A Raíña Vermella disse...

He, he, mola moito! Gústame o momento no que os dinos pequenos míranse entre eles... e decátanse de que son mais. Iso foi o que pasou o domingo. Un bico grande :)

Nela disse...

Pastor: Un 10 en comentario de video. :D Ai, que contentación!

Raíña: Si, nós sorprendïamonos máis ao comprobalo, se cadra. Qué bonito e ter esperanza, dior mio.
A mín gústame cando @ nen@ escacha a rir ao final e a nai pregúntalle de lonxe "why are you laughing?" Danme ganas de dicirlle: eu sei por qué ri!!