quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

Dardos chineses e crimes e mulleres desmaiadas

Gústalles o country?


Hai unha explicación.

Uns días atrás a Raíña Vermella premioume cun galardón inesperadísimo: O premio Dardos (que ademáis é un meme). "Puntos de carisma", chamoulle. Tendo en conta que foi ela mesma co seu blogue o empurrón último pra que este espazo nacera, e que coñece tantos e tan variopintos fiquei pasmada cando lin aquilo: "carisma". Mesmo busquei a palabra no diccionario. Este monte de Caos ten carisma? (mandade unha sms ao 55555-3 se pensades que a Aliada merece os puntos de Carisma!) No medio da lapada carismático-emocional e do proceso de asimilación de tal Título, xurdíu outra pregunta. Sra carismática, a quen elixes ti?


Houbo unha retrospección á infancia, daqueles momentos en que che tocaba elixir nos xogos cando todo o mundo escollera. Os meus Top-blogues-chachi xa están galardoados


Que facer???

Baixo semellante tensión carismático-emocional-controvertida, non tiven máis remedio que caer desmaiada igual que Floripondia.





Imaxe: Xoan Muñoz






Nota para a xente pez:
(Floripondia era a filla do alcalde que secuestrara o Pirata Garrapata xunto co barco, e que non facía outra cousa que desmaiarse de xeito que servía de motivo de capitulación do diario de a bordo. Ex: Caldo de zapatos e vixésimo sexto desmaio de Floripondia. Eu é que sei todas estas cousas, polo meu carisma, tsk)

2 comentários:

wargolth disse...

Boas miña curmá,

Disque no Genoom que estás de aniversario! Moitas felicidades e esperemos que teñas unha boa festa.

Porén, durante os 4 anos que veñen, moito vaste ter que manifestar polo que vexo. Vas te-la oportunidade coma lingüísta de vivir en primeira persoa os neo-séculos escuros.

Un bico,
Iago

Nela disse...

Gracias, Iaginho!

O cumple foi un pouco paradiño pero a túa irmá xa se encargou de animarmo un pouco :)

Xa me contou a túa conversa post-shock co teu pai. A ti polo menos enténdente na casa. A min tocoume predicar no deserto e as cousas non pintan ben.

Neo-séculos escuros, tal cal. Eu, ilusa de mín, pensei que co da crise igual O exército escuro se centraba en encher o peto e deixaba tranquilo o eido da cultura, pero creo que a devastación vai ser brutal porque desta vez aliáronse de novo cos Ananos.

Téñote envexa agora mesmo. Alí arriba si que saben defenderse. Aquí so sabemos deixarnos asoballar.

Coido que precisamos xuntar ánimos e sacudirnos a vergoña que nos rodea para saír ás rúas. Senón sempre nos quedará emigrar aos países cuxa cultura envexamos... De sentirmonos estranxeiros xa, polo menos non morrer de fame...

Unha grande aperta, curmán.