sábado, 10 de janeiro de 2009

Chica Cosmo



Queridos redactores e lectores da revista Cosmopolitan. Teño un super problema. Prefiro non revelar o meu nome porque é nome de deterxente. Comezarei polo principio:
Son da Coru. Como saberedes a vida na Coru é bastante monótona, a xente na súa grande parte é toda igual. Eu estaba farta así que un día escapei á Compostela e coñecín a un home incríble. É completamente distinto a todos os chonis que coñezo. É intelixente e cultivado. Eu fico pasmada cando o escoito falar. E ademáis é guapo! Ben, el non sabe quen son porque non nos presentaron, pero eu xa decidín que ten que ser meu. Así que de volta na Coru fun falar con quen se ten que falar cando estás disposta a vender a túa alma: a avogada. Bueno, é unha especie de prestamista coñecida da miña familia. Faleille del, do superestupendo que é. E fixemos un trato. Ela dábame tres días como estudante nun pisiño en Compostela para conquistalo (pretendía que casara con el, pero expliqueille que era anti-iglesia total e accedeu a que valía con que me dixera as palabras máxicas; osea pero en serio!) cunha condición: deixarlle alí a miña marabillosa voz como fianza. De non superar tal proba debo voltar á Coru e traballar gratis para ela de algo que prefiro non dicir porque isto é unha revista glamourosa. Ela dixo “na tarde do terceiro día antes de que o sol se poña...”.
Mañá estarei en Compostela. Estou super nerviosa. Como conquistalo? Se fose calqueira outro chorvoneno da vida cunha mini saia e levándoo a Sada estaba todo feito, pero ao ser un home intelectual ao que lle gusta a conversa, sensible... Aínda que eu non son unha lumbreras os meus libros lin e sei de música. Pero non podendo amosarlle o pouco que temos en común, como conseguir que se namore de mín o meu príncipe azul? Seguro que nunca escoitárades nada semellante, seino, pero preciso a vosa axuda e rápido!

P. D: parabéns á nova
sección-“sórdida” da revista! O.o

3 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Vaia! acabas de destruír a miña inocencia infantil con esta outra visión dos heroes Disney :p

Nela disse...

A que é o máis Sórdido-Ever? Eu flipei cando o atopei. (o debuxo do capitán garfio xa é...)

Soñadora disse...

jajajajajajaj, q bueno :D:D