sábado, 30 de maio de 2009

SÍNDROME DE FELIPE ou PRINCIPIO DE DISPERSIÓN




Existe un principio básico do comportamento humano que funciona igual que a entropía. As persoas vagan libremente pola súa vida, coas súas ocupacións favoritas. Sae o sol, vamos á praia. Vaise o sol, vexamos esta peli, leamos este libro, etc. Incluso hainos que desfrutan máis facendo cousas produtivas! E no outro extremo os que desfrutan facendo NADA; nada de nada.


Pero dáse o caso de que se colles a todas esas persoas e lles impós certa tarefa pesada copiosa e sen copiar, todas tenderán a dispersarse máis nesas ocupacións predilectas. Incluso ás que desfrutaban facendo nada entrarálles gana de ir a praia, de ler, de facer un herbolario de fungos en perigo de extinción.



Como as tarefas impostas teñen sempre un prazo, prodúcese un fenómeno mediante o cal a reducción do tempo faise inversamente proporcional ao estado de alteración das persoas en modo de dispersión. É dicir, a parsimonia coa que se adicaban a estes pasatempos, que se alonxan dos impostos, nun principio vaise tornando en histeria propia dun bipolar ou dunha persoa con principio de desdobramento de personalidade. Isto é, fuxindo da obriga, acoden cada vez máis illadamente a "suh cosas" pero cada vez máis o resorte en forma de coello branco con reloxo de peto failles mudar a expresión e saltar do sofá entre "merda! non podo!", tirar o libro sobre a cama cun "coño, céntrate!" ou a pelota de teu amigo entre as ondas e abandoalo entre "teño que marchar! non me da tempo!".


Este incremento do desexo de facer certas cousas só polo feito de ter imposto facer outras é o que din en chamar O SÍNDROME DE FELIPE ou PRINCIPIO DE DISPERSIÓN. Para mín funciona paralelamente ao principio da entropía que di-referíndose neste caso a partículas-: todo tende ao caos.


Coido que todos sufrimos nas nosas carnes este terríbel fenómeno, ou como diría Soñadora "é algo que todos coñecemos". Din que se cura con "disciplina" que ven sendo o nome que nos colexios de monxas se lle deron a ir en contra das leis naturais.


Estades lendo unha clara mostra deste principio. Vou ver se fago algo do meu traballo pero non me penso resistir ás ganas de poñerme o bikini dentro dunha hora e saír darme un bo baño ao sol. ¡Que teñades unha feliz época de exames!




4 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Aquí unha dispersa sen remedio que se sinte fortemente identificada con esta nova lei esencial. A min incluso me entra gana de facer cousas como limpar o forno e limpar o pó... todo por non poñerme con esa pesada tarefa CON PRAZO cada vez mais breve (tic, tac, tic, tac...)

Lux Lagóstena disse...

joder, con esta entrada has conseguido que caiga en la ley ¬¬
y tú escribiéndola lo mismo...si es que no puede ser!
me voy a estudiar, YA!

O pastor eléctrico disse...

Creo que eu teño un síndrome de Felipe avanzado...

RoXi disse...

O mellor é aceptalo: cada un de nós coñécese a si mesmo e sabemos que non temos remedio...
Polo menos así é no meu caso...

Ánimo e sorte cos exames!