
sexta-feira, 22 de maio de 2009
terça-feira, 19 de maio de 2009
Xuntanza de pequenos dinosaurios
Publicada por
Nela
à(s)
00:55
3
comentários
Etiquetas: equilibrismos
sexta-feira, 17 de abril de 2009
GO RIMBAUD!
"Hai que mirarlle as tripas a tódolos monstruos"
Alén das linguaxes reais
hai unha gata que miaña,
Cos ollos desencaixados
E a melena a rastras
Unha Maga que non para de camiñar.
Bailando sobre o fuso que xira
No nome dos que a queren ver caer.
Xamáis dúas ás de vespa
Puxeran tanto medo nos vellos dos tirantes.
Morcego aterecido co sangue blues
Chiando as noites máis frías.
Quen ten o valor de dicirlle que non cante núa?
É máis ceibe do que serás na vida, Bob.
Deixadea voar
Ao cabo, quen sabe o que é normal?
Desconfían porque fai versos das cores
Que nin ti nin eu viamos.
Ollala é comprender o milagre,
A chave da Gloria dos Inmortais.
Se os idiotas souberan...
pero a quen lle importa o que non entende?
Eu entendín as súas mans de avoa recén Nada
E se mo pedise, aprendería os pasos imposíbeis
Para bailar con ela o watusi.
Bailaremos xuntas o watusi
para que nos chamen tolas
Eu vina, cosimos os ollos, e compartimos planeta
Un felino á espreita alén do cristal
En verdade saltou no soño
Atravesando o vidro
Sobre mín
Mil anacos afiados chovendo en slow motion
E eu baixo ela, co sorriso dos suicidas.
Nalgures os señores aferraron os tirantes sobre a panza
vendo como ela me ollaba con ollos marelos
Tumbadas nun chan de reflexos
Vin os sete arcos da vella
e ela cravou o fío
na comisura
e o sangue
que zugou
atravesoume
a boca
E a lingua
Xuraría que bailaba
Mentres chegaban
Os Cabalos.
Publicada por
Nela
à(s)
22:08
5
comentários
Etiquetas: exhibicionismos
segunda-feira, 6 de abril de 2009
O CARTÓN DE LEITE DE KEVIN COSTNER
En primeiro lugar quero deixar clara unha cousa: todo o mundo ten un pasado. Kevin Costner, por exemplo, tiña un pasado glorioso. Escarallouno si, pero era un pasado glorioso.a. A imaxe de home duro e seguro de si mesmo naceu como contrapartida á imaxe da personaxe principal do cine americano dos anos 20 a 40. Os güisquis secos ou con xeo, ou batidos sen mesturar estaban sempre tralo protagonista oscuro, crápula, tendente á depresión, mullereiro e ás veces misóxino. Esta linda imaxe, grazas sobre todo ao seu reflexo na vida real en persoeiros coma presidentes, etc. acabou por cansar. Agora o que mola é ser un americano sanote. Iso pon mogollón. Beber leite porque somos uns yankees seguros e dicir "Dios bendiga América".
b. Costner, vendo a que se lle viña enriba profesionalmente, contratou cunha multinacional de leite, a cambio de facerlles publicidade, unha comisión.
c. Trátase dunha aposta con algún compañeiro na súa etapa de estudante na escola de Arte Dramático.
Non sei, eu sigo a darlle voltas. Vos que pensades?
Publicada por
Nela
à(s)
20:42
16
comentários
Etiquetas: entropías
domingo, 5 de abril de 2009
Nace a primeira revista galega de banda deseñada

Este é Liam -aínda que me saíu cun aire a Tosar-. É fillo de Fran Bueno. Coñecino nunhas páxinas que recollen a primeira entrega de Amor Inmortal, do guionista estadounidense Jay Faerber. Trátase da revista Galimatías.
A verdade é que me sorprendeu gratamente o achamento. A revista ven con El Correo Gallego cada quincena. O venres pasado foi o primeiro número. Pensei que chegaba no momento xusto en que comezábamos a sentirnos ursiños en perigo de extinción, sen outra alternativa que recollérmonos nunha cova coas nosas ideas estrañas sobre algo chamado cultura nacional e minucias coma a lingua ou a identidade.
Lino na cama. Pola noite soñei con Liam. Dicíame que quería entrar pisando forte. Mesmo atopou refuxio nos mundos eléctricos. Pedíume que non o deixase desaparecer, que o pintase de vermello, a cor da língua e do sangue.
Publicada por
Nela
à(s)
21:27
6
comentários
sábado, 7 de março de 2009
Lendas de pasión ou a peli do cachondo loiro
O asunto é que facendo zapping coa miña irmá atopamos a un Brad Pitt con melenas cachondérrimo e claro, calqueira cambia de canal así de primeiras. Meu irmán, que observou a nosa exaltación ante tan belísima fotografía, instounos a vela porque era "un peliculón". Ben, coas bromas (miña irmá adicouse a enriquecer as escenas máis emotivas reinventando os diálogos) papámola enteira.
Despois de chegar á conclusión de que o baremo cinematográfico de meu irmán reside na epicidade (patada á gramática! zas! en toda la boca!) da súa banda sonora -así os top de cine pra el son Braveheart, Gladiator e demáis aberracións- púxenme a pensar na natureza de semellante culebrón.
Foi primeiro o culebrón cowboiesco ou foi o "peliculón" do loiro cachondo. A verdade é que a peli baséase na novela "Legends of the Fall" de Jim Harrison, que non teño o máis mínimo interese de ler, e foi adaptada por dous guionistas: Susan Shilliday, guionista de I Dreamed of Africa (2000) Bill Wittliff, guionista de The Perfect Storm (2000). WOW.
1. Ten que durar máis. Polo menos unha hora.
2. Brad ten que facer máis escenas nú de cintura para arriba e preferíblemente suado (non é vicio, é visión comercial).
3. Non hai tres sen catro: un irmán máis. Pero se este cuarto irmán se liase e/ou enamorase da pobre pobre Suzanne pasaría de ser unha purísima muller víctima do cruel destino a ser un putón. Co cal, propoño que fose homosexual. E digo máis, que se namorase do indio melenudo (canta máis melena mellor, que ahí reside a pasión). E que supuxera un conflito para o vello pai porque descubriría o tórrido romance que manteñen o seu vello amigo e o seu fillo. Ao final hai unha humillación chunga ao pobre mozo por parte dos da vila e o asasinan. O indio fai un sacrificio e canta á lúa. Con moita música de corda in crescendo.
4. Suzanne, cando se decata de que o seu amado Tristan vai casar coa india Isabel II, vai polo rancho a retala e pelexan por el. Tíranse das melenas.
5. Vese por qué a nai dos tres irmáns e o vello coronel William están separados. Trataríase dun conflito ético-moral no que ela, por exemplo, se vise involucrada na morte dun dos indios que viven baixo a proteción do Coronel. Ela líase cun alto mando, e lle revela o paradoiro do nativo. Captúrano e un noviño William LudLow fai unha épica carreira no seu cabalo pra impedir a execución do seu amigo nativo. In crescendo da banda sonora. Non chega a tempo porque cae xunto co cabalo por un precipicio e fica paralítico. Dende ahí non pode ver diante á súa muller.
6. Suzanne antes de suicidarse ten que rasgar as vestiduras e saír á rúa dando voces como poseída. Pégase o tiro diante do seu marido que vela o cadabre unha noite enteira.
7. O pequeno Samuel, morto en combate, se lle aparece a Tristán. É importante para o proceso de tolemia que sofre o cachondo loiro.
8. Nas escenas en interiores haberá sempre ventás abertas polas que entre unha brisa que faga ondear as melenas dos protagonistas.
9. O ollar de todolos personaxes ten que ser aínda máis épico. Un par de gotas antes de cada primeiro plano.
10. Cando por fin morre Tristan a toupas do seu tótem o oso, a cámara ten que ser lenta, non rápida. Unha vez finado haberá un plano no que unha luz saia do corpo inerte do bravo Tristan e ascenda até o ceo nocturno onde fique en forma de estrela por sempre. A música orquestral aquí é fundamental.
E máis nada. Marcho cenar sin TV. E a escoitar cómo meu irmán fai a súa propia música (épica?)
Publicada por
Nela
à(s)
20:51
9
comentários
segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009
Que cona miras?
Hai un par de semanas levei outra decepción coa sociedade:
Estabamos as amigas de festa e rematamos nun pub ao que non adoitamos ir. O caso é que entre exaltacións da amizade e demáis xestos que soemos ter entre nós porque somos xente ben magha e nos queremos ben, xurdiron imaxes lindas coma esta. Para a nosa sorpresa os hooligans que había no local comezaron a aplaudir e berrar igual ca se fosen monos. Foi coma se premeramos o berro do celo e saltaran todos coma tolos...
Coa prea que levábamos non había lugar para a carraxe. Porén, hoxe pintei unha parede de Londres -onde, por outra banda, quizábeis non recibiríamos tales humillacións- cabreada cunha sociedade que abanza a paso Michael Jackson.
Publicada por
Nela
à(s)
20:09
13
comentários
Etiquetas: entropías





